-A convocatoria vén de publicarse no BOP de Pontevedra. O prazo remata no caso das axudas ao estudo o 6 de outubro e no de material o 30 de setembro. Toda a información e formularios están dispoñibles na web municipal
Silleda, 15 de setembro de 2023. O Boletín Oficial da Provincia (BOP) de Pontevedra vén de publicar a convocatoria das becas municipais para estudantes universitarios e de ciclos de formación profesional durante este curso, así como as bases das axudas complementarias para material escolar de familias que precisan dunha especial protección.
No caso das axudas a estudantes universitarios e de ciclos FP, o importe máximo da subvención por beneficiario/a será de 450 euros, para o curso 2023/2024. Poderán optar a estas axudas persoas residentes e empadroadas no municipio de Silleda (alomenos un ano antes da publicación das bases), e que cursen os referidos estudos universitarios e ciclos formativos. Así mesmo, a renda per cápita familiar debe de ser igual ou inferior a 6.000 euros.
Ao igual que aconteceu xa nos últimos anos, as axudas serán con ingreso directo na conta bancaria dos beneficiarios.
O prazo para solicitar estas axudas remata o vindeiro día 6 de outubro.
Axudas para libros e material escolar
Tamén se publicou no BOP a convocatoria das axudas complementarias para libros de texto e material escolar, que están destinadas a familias que precisan dunha protección especial ou ben teñen a todos os seus membros en situación de desemprego. O prazo é de 15 días naturais contados a partir de mañá polo que remataría neste caso o 30 de setembro. A continuación figuran as bases e anexos das dúas liñas:
AXUDAS A ESTUDANTES:
AXUDAS COMPLEMENTARIAS MATERIAL: