Os alumn@s dos dous CEIP do Municipio acordan a mellora dos parques de Silleda e da Bandeira

 

 

Silleda, 3 de abril de 2013. Dous grupos de alumnos e alumnas de 5º e 6º de Primaria (66 do CEIP de Silleda e outros 20 do CEIP da Bandeira) visitaron hoxe as dependencias da Casa Consistorial, nunha xornada de portas abertas para conmemorar o 34 aniversario das primeiras corporacións democráticas.

A alcaldesa de Silleda, Paula Fernández Pena, guiou aos dous grupos polas distintas dependencias explicando o traballo de cada departamento (Rexistro, Oficinas Xerais, Sala de Xuntas, Alcaldía…). O percorrido finalizou en ambos casos no salón de Plenos, onde os alumnos e alumnas coñeceron o desenvolvemento das sesións plenarias. Así mesmo, participaron asumindo os distintos roles dos concelleiros e funcionarios nunha breve sesión na que formularon senllas propostas para arranxar e substituir os columpios dos parques da Igrexa de Silleda e do situado na praza da Feira da Bandeira.