A Casa da Cultura acolle ata finais de abril unha mostra de pintura do estradense Santiago Tato Vidal

 

Silleda, 3 de abril de 2013. Hoxe, ás 21.00 horas, terá lugar a inauguración dunha mostra de pintura do autor Santiago Tato Vidal na sala Pintor Colmeiro da Casa da Cultura de Silleda. Natural de Riobó, no veciño municipio da Estrada, Santiago Tato Vidal (1970), amosou dende a súa infancia interese polo debuxo. No ano 2001 comezou a formarse nun taller de artes plásticas na Estrada.

Nas súas obras destaca como temática a paisaxe rural, motivos relixioso e outros, predominando a vida cotiá no rural. As cores da aldea dominan os cadros do autor estradense, que amosará as súas obras en Silleda ata o vindeiro 30 de abril. Nos últimos anos ten participado en diversas exposicións en Rois, O Pino, Betanzos, Pontedeume, Boqueixón, Arzúa, Boimorto, Melides, Cuntis, Lalín….entre outros moitos.