Silleda, 3 de abril de 2013. As formacións da Escola de Fútbol de Silleda participaron durante a pasada Semana Santa en distintos torneos. Así, tres equipos estiveron no torneo de Arrabaldo (Ourense). Ademais do Alevín B, os prebenxamíns lograron un meritorio cuarto posto, e os benxamíns quedaron eliminados en cuartos de final nun encontró moi disputado co equipo anfitrión.
Así mesmo, o venres 29, a escola municipal silledense desprazouse a Lalín para participar na fase previa do Torneo Internacional de Lalín Fútbol 11, cun equipo formado por xogadores do Alevín A e Infantís de primeiro ano, quedando eliminados na fase de grupos logo de enfrontarse a equipos coma o Ourense, Cruces ou Galicia Caranza. Dende a escola, os entrenadores destacan que os alevíns xogaban por primeira vez a fútbol 11, e que a experiencia foi moi positiva.
Finalmente, na Ames Cup Fútbol 8, a escola silledense desprazouse durante dúas xornadas a Bertamiráns co equipo Alevín B de primeiro ano. Logo de dous días de competición, o equipo silledense chegou á final, onde rematou perdendo por 1-0 contra o anfitrión (Bertamiráns). O conxunto local, fixo unha grande labor de equipo, destacando ademais o seu porteiro, Catalín, elixido mellor porteiro do campeonato.
O concelleiro de Deportes, Klaus Brey, felicita tanto aos subcampións da Ames Cup como a todos os xogadores e xogadoras que participaron nestes torneos, e destaca ademais os bos resultados que están acadando en xeral as formacións da escola silledense.