Aberto o prazo para solicitar subvencións culturais e deportivas municipais

 

Silleda, 16 de mayo de 2013. O BOP de Pontevedra publica hoxe as bases reguladoras para a concesión das axudas municipais a entidades deportivas e para a promoción de actividades culturais. Segundo ditas bases, os colectivos e asociacións culturais, así como clubes e entidades deportivas terán un prazo de 20 días para formalizar a solicitude no Concello, contado a partir do día seguinte á publicación das bases. Deste xeito, o prazo para solicitar as axudas rematará o vindeiro 10 de xuño.

Os modelos de solicitude e outros formularios que deben de presentarse en ambos casos, poden solicitarse no Concello de Silleda e tamén descargarse da web municipal (www.silleda.es), onde se creou un banner para cada unha das modalidades.