Últimas prazas libres para o English Surf Camp que se celebrará en Caldebarcos

 

Silleda, 16 de maio de 2013. O English Surf Camp que puxo en marcha por primeira vez o Concello de Silleda está a acadar un notable éxito no periodo de preinscripción. A día de hoxe aínda quedan xa poucas prazas libres para participar nesta campamento náutico de inglés que se desenvolverá entre o 28 de xullo e o 4 de agosto no albergue de Caldebarcos, no municipio coruñés de Carnota.

Este campamento, promovido pola Concellería de Educación,  está baseado no deporte náutico e na fala do inglés dende unha visión lúdica e educativa. O prezo é de 250 euros, incluindo actividades on english, náuticas  e pensión completa. Ademas de sesións de inglés, os participantes poderán disfrutar de actividades coma o bodyboard, bautizo de surf, esnorquel, paddelboard ou surf, así como outras relacionadas co sendeirismo, deporte alternativo, ou bioespazo.