Silleda, 17 de maio de 2013. A Concellería de Obras e Servizos, que dirixe Manuel Cuíña, instalou na Fonte de Campo un grifo para dotar de auga potable a este enclave.
Nos últimos anos as analíticas periódicas que se realizan en fontes públicas deron positivo en distintos componentes contaminantes, polo que a auga da fonte non é apta para o seu consumo. Cuíña lembra que o sumistro de auga potable na fonte de Campo era una demanda que se viña reiterando por parte dos veciños e veciñas, ao tratarse dun lugar moi visitado e frecuentado por viandantes e peregrinos, xa que está situada ao pé da N-525, á entrada da localidade.
“Para suplir esa carencia optamos por levar auga potable ata a fonte realizando unha nova instalación, sinala o concelleiro”. Así, optouse por instalar un grifo da rede de abastecemento municipal na propia fonte, con auga potable para dar servizo á cidadanía.