O Concello de Silleda convoca, co apoio dos colectivos da Bandeira, unha marcha para pedir a construción das sendas peonís de Manduas

 

Ante as informacións sobre a máis posible paralización por parte da Xunta das obras previstas no proxecto de mellora da PO-204 (Bandeira-Vila de Cruces), o Concello de Silleda convoca, co apoio de todos os colectivos da Bandeira, una camiñada reivindicativa para pasado mañá domingo.

A cita será ás 13.00 horas xunto ao parque da Praza da Feira, dende onde partirá o percorrido ata chegar á igrexa de Manduas. Alí, está prevista a lectura dun comunicado reivindicando a construcción das sendas de Manduas, obra que leva anos agardando e que foi adxudicada hai varios meses polo goberno autonómico. Ese mesmo comunicado será remitido despois á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

Apoian esta marcha as asociacións Avema, Asociación Cultural Vista Alegre, Banda Recreativa e Cultural da Bandeira, Amigos da Empanada, S.D. Bandeira, S.D Petanca Bandeira, as agrupacións folclóricas Xirandola e Fortín da Pomba, e a Asociación de Xenerais do Entroido.

cun teléfono móbil, deben tamén versar sobre as tradicións galegas. Neste caso o premio para o traballo gañador é unha tablet.

 

“Con este certame queremos fomentar a creatividade ademais de contribuir ao uso do galego sobre todo entre a poboación máis nova”, engade a concelleira. A orixinalidade e a creatividade dos traballos serán as liñas básicas para xulgar os traballos nos dous casos. Os premios entregaranse a finais de mes.

Os certames forman parte da programación deseñada dende a Concellería con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, con variadas actividades ao longo das últimas semanas.