A Unidade Móbil do Centro de Transfusión de Sangue de Galicia visita Silleda e A Bandeira

 

 

Silleda, 23 de maio de 2013. O municipio de Silleda volve recibir este mes a visita da  unidade móbil do Centro de Trasfusión de Sangue de Galicia (CTG). A cita será o vindeiro venres día 31 en Silleda, na avenida do Parque, o lugar de costume, onde as doazóns se poden realizar en horario de 16.00 a 21.00 horas.

Ademais, o sábado día 1 de xuño, a unidade trasladarase ata A Bandeira, onde estará situada xunto ao centro de saúde da localidade. Neste caso o horario será de 10.30 a 14.30 horas.

O  Concello  e o  CTG,  amosan  o  seu  agradecemento  a   todos os veciños que  participan  cada  ano  nas  campañas  de  doazón  de  sangue  e  permiten  deste  xeito  que  moitos  enfermos  recuperen  a  súa  saúde.