O Concello de SIlleda inclúe a dotación dunha peonil ata a igrexa de Cortegada entre os proxectos a financiar a través do Fondo de Compensación Ambiental

Silleda, 21 de xuño de 2013. O Concello de Silleda volve a optar ás axudas do chamado Fondo de Compensación Ambiental que ten como finalidade a aplicación de actuacións globais destinadas á conservación, reposición e restauración do medio, e reequilibrio territorial. Silleda coma outros municipios que contan con  parques eólicos pode optar ás axudas, en compensación por estas instalacións.

Para a chamada liña competitiva, o Concello de Silleda presenta un proxecto para dotar dun acceso peonil á igrexa parroquial de Cortegada, unha actuación que mellorará o entorno do edificio nesta localidade.

As obras teñen un orzamento total de 39.839,64 euros, e ao abeiro do citado fondo solicítase unha axuda de 31.871,71 euros. A actuación consitiría no desmonte de parte do terraplén natural do terreo, no tramo inicial de subida, xerando un acceso peonil que se diferenciaría da zona do tránsito rodado.  Tamén se dotará a zona de un pequeño aparcadoiro retirando un muro existente que se volverá a reconstruir. “Con esta actuación queremos mellorar o entorno da igrexa, facendo máis accesible a zona para os peatóns”, engade o concelleiro de Obras, Manuel Cuíña.

 

Convenio co Obispado de Lugo

Para a realización do proxecto asinouse en días pasados un convenio co Obispado de Lugo, titular dos terreos afectados polas obras previstas , que cede ao Concello estes predios para a realización dos traballos de mellora. Cuíña agradece a dilixencia do Obispado á hora de asinar o convenio de cesión, necesario para a formalización do proxecto.