O comandante da Garda Civil de Lalín, Antonio Sánchez, imparte conferencias sobre seguridade cidadá

 

Silleda, 25 de xullo de 2013. O Clube do Centro Social dos Maiores de Silleda volve a organizar senllas sesións informativas nos centros de Silleda e A Bandeira. A seguridade cidadá será a protagonista desta nova iniciativa que se desenvolverá a vindeira semana.

Así, a cita no Centro dos Maiores da Bandeira será o martes 30 de xullo ás 17.00 horas e no de Silleda o mércores día 31 ás 18.00 horas. O encargado de impartir ámbalas dúas sesións será o comandante da Garda Civil de Lalín, Antonio Sánchez, que esplicará aos asistentes cuestións relacionadas coa seguridade ou sobre cómo actual ante posibles roubos ou usos fraudulentos da propiedade.

Aínda que están organizadas dende o Clube Social dos Maiores, dada a importancia e interés xeral do tema a tratar, as sesións tamén están abertas a todos aqueles cidadáns que queiran recibir informacións ou consellos relacionados coa súa seguridade.