O anuncio da retirada dos fondos municipais de NGB acelerou a resolución de laudos en favor dos silledenses afectados por preferentes e subordinadas

 

Silleda, 23 de agosto de 2013. O Concello de Silleda xa procedeu á retirada de fondos municipais (preto de 200.000 euros) de Nova Galicia Banco. Esta acción, froito do acordo plenario do pasado 4 de abril, fora solicitada en días pasados polo goberno local e acaba de ser autorizada pola entidade. En todo caso, como xa se dixo con anterioridade, a conta non se cancela pola existencia dun crédito con Nova Galicia Banco, e manterase aberta para repoñer fondos de cara á súa amortización. Os fondos xa foron traspasados a outra entidade.

O alcalde, Manuel Cuíña Fernández, advirte que o acordo plenario unánime, ao que se lle dá cumplimento surtiu efecto, “xa que se convirteu nunha medida de presión para acelerar a resolución de casos”, engade. Do mesmo xeito, tamén se constatou un maior volumen de usuarios na Oficina Municipal de Información ao Consumidor (OMIC), afectados polas preferentes e subordinadas, e que acudiron en busca de información ou asesoramento.

Así, dos 10 laudos existentes a principios de abril, o número de resolución pasou a 68 a principios de agosto, “o que indica que dende o acordo se aceleraron as propostas de arbitraxe”, sinala Cuíña.

En total, ata principios deste mes na OMIC tramitáronse 334 expedientes de afectados por participación preferentes e subordinadas (a principios de abril eran preto de 200), dos que a grande maioría, un total de 265, corresponden a veciños e veciñas do municipio de Silleda.

Manuel Cuíña sinala que acordo, “á vista dos datos que temos, foi unha medida de presión exitosa, xa que ademáis de aumentar o ritmo dos laudos favorables tamén serviu como revulsivo para que moitos afectados se animasen a achegarse ao Concello para informarse sobre as posibilidades da arbitraxe”. Así, conclue “este acordo ao que damos agora cumprimento non se quedou só nunha simple retirada, senon que tivo efectos positivos”, di lamentando aínda así que non se devolveran as cantidades íntegras en todos os casos.

 

Casos prioritarios

Así mesmo, moitas das resolucións realizadas corresponden a afectados maiores de 65 anos (hai 77 casos na OMIC) e menores de idade (rexistraronse outros 21), colectivos máis vulnerables, para os que dende o goberno municipal de Silleda se solicitou maior prioridade.

Ademais, tamén se pediu un tratamento especial para os casos nos que a inversión fora de 10.000 euros ou menos (un total de 100).

Estes datos son dos que dispón a OMIC de Silleda, “pero temos constancia de que hai outras propostas de arbitraxe de veciños do municipio que ou ben foron informadas directamente nas entidades bancarias ou asesorías, ou resoltas por outras vías”, engade, resaltando que foron moitos os veciños e veciñas afectadas “por unha macro estafa froito do abuso da confianza desta entidade sobre os clientes”.

Resposta da entidade

Unha vez concluido o prazo, a mediados do pasado mes de xullo, para devolver íntegramente os cartos dos silledenses, dende o Concello de Silleda volveuse a outorgar á entidade un prazo de 3 días para que emitirán un informe sobre o cumprimento do acordo plenario, requerimento que se enviou tanto á central de NGB na Coruña como ás sucursais de Silleda e A Bandeira.

Días despois, a entidade remitu un escrito no que informan de que, dende que xurdiron os problemas cos afectados polas participación da súa entidade “se buscaron co maior empeño as solucións que puideran resultar máis favorables”, un escrito xenérico sen facer referencia á casuística de Silleda.  

O acordo plenario incluía, ademais da proposta da Alcaldía unha adenda do BNG para pedir a dimisión dos directivos de NGB, trámite que se realizará en días vindeiros.