Silleda, 28 de agosto de 2013. A Concellería de Deportes de Silleda abriu hoxe o prazo de inscrición para participar na Liga Local de Fútbol Sala 2013-2014. Os equipos interesados poden anotarse nesta competición ata o vindeiro día 20 de setembro.
Para formalizar as inscricións hai que dirixirse á Casa da Xuventude de Silleda, en horario de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.30 horas). Para recibir máis información tamén se pode chamar aos números de teléfono 986 580064 ou 669 599777.
A tempada pasada a Liga Local de Fútbol Sala bateu o seu récord de inscricións con 19 formacións quedando mesmo fóra algún equipos interesados pola imposibilidade de axustar o calendario de celebración dos encontros.