O programa de reforzo escolar continúa coa preparación das probas para obter o Graduado Escolar ou acceder ao Ciclo Medio

Silleda, 14 de setembro de 2013.  O Concello de Silleda, a través do departamento de Educación continúa a desenvolver o Programa de Redución do Abandono Escolar, cun programa de asesoramento e orientación para superar as probas de acceso a Ciclo Medio e as probas libres para a obtención do graduado escolar.

Para esta actividade crearanse grupos de traballo e estudo nos cales os participantes contarán con axuda profesional axeitada para ir preprando os exames de cara o mes de maio, que é cando se celebran ditas probras.

As clases de apoio celebraranse un día a semana, cun horario flexible adaptado a maioría dos usuarios, para que se poidan compaxinar, nos casos en que fora necesario, co horario laboral. O único requisito é ter máis de 17 anos, e gañas de abrirse novos camiños e oportunidades.

 

As persoas interesadas en participar neste programa poden xa inscribirse nas dependencias municipais da casa consistorial.

O programa de reforzo escolar comezou en Silleda o pasado mes de agosto con sesións dirixidas ao  alumnado de 3º e 4º da ESO nas que se traballaron cuestións coma a motivación.

A Concellería de Educación, que asumirá Pilar Peón, presentou un programa novidoso á liña de axudas da Consellería de Cultura e Educación, dende a que se concedeu unha axuda de 14.296 euros para desenvolver esta iniciativa.

O programa deseñado dende a Concellería de Educación de Silleda, pioneiro na comarca do Deza,  conta cun diversas actividades e propostas para  lograr reducir a taxa de abandono escolar, todo elo sen custe algún para os usuarios.