![](https://silleda.es/wp/wp-content/uploads/2024/05/20240528_intercambio_Silleda.jpg)
O Concello de Silleda recibiu esta mañá a visita do grupo de estudantes alemáns que se encontran estes días na vila por mor dun intercambio con alumnado do IES Pintor Colmeiro.
Os rapaces e rapazas, procedentes da localidade de Brilon, foron recibidos pola concelleira de Educación, Ángela Troitiño, e pola concelleira de Cultura, Mónica González.
O alumnado do IES Pintor Colmeiro xa viaxara a Alemaña no pasado mes de abril. Nas redes sociais do Concello pódense ver máis fotos, nesta ligazón.