Silleda, 1 de outubro de 2013. O departamento de Servizos Sociais do Concello de Silleda organiza para o vindeiro mercores día 16 de outubro unha excursión ao balneario Baños de Augas Santas, na localidade lucense de Pantón. O prezo da xornada é de 20 euros, e inclue ademais do traslado en autobús, un almorzo-buffet no balneario, e tamén o circuito termal nas instalacións, con augas mineromedicinais. Ademais, tamén os participantes tamén terán a oportunidade de visitar unha bodega da Ribeira Sacra, comarca na que se sitúa o establecemento termal.
Para participar nesta cita, organizada polo departamento de Servizos Sociais, hai que anotarse no Centro Social (986 592037). Precísase levar bañador, gorro e chanclas.
O autobús partirá ás 09.30 horas dende o Centro Social de Silleda.
“Será unha xornada moi interesante, na que ademais dos beneficios do termalismo as persoas que participan terán outras iniciativas de carácter lúdico”, sinala a concelleira Dolores García.