A actividade, pensada para a cativada de 0 a 15 anos, comezará ás 17:30 horas no salón de actos da Casa da Xuventude
O martes 11 de xuño ás 17:30 horas, a ciclobiblioteca visitará o salón de actos da Casa da Xuventude de Silleda. Nesta actividade narraranse oralmente contos na loita contra o cambio climático, para amar e coidar a terra da man do escritor Anxo Moure.
Trátase dunha proposta para público infantil e a mocidade ata os 15 anos cunha hora de duración. Realízase a través do programa Ler conta moito que dinamiza as bibliotecas públicas municipais.