Silleda, 8 de outubro de 2013. O Boletín Oficial da Provincia (BOP) de Pontevedra publica hoxe o anuncio de licitación do contrato de subministración para instalar un sistema de placas fotovoltáicas destinadas ao autoabastecemento do alumeado exterior no parque empresarial Área 33 de Silleda.
Trátase, segundo recolle o anuncio, dun contrato mixto de subministro e servizo, que se tramita por procedemento aberto e de forma urxente. O orzamento de licitación é de 119.433,75 euros, IVE incluído. A data límite para a presentación de ofertas é de oito días naturais contados a partir de mañá mércores, polo tanto remataría o vindeiro mércores día 16. O prego de cláusulas técnicas e o proxecto de instalación poden consultarse nas dependencias municipais (Secretaría) e tamén na páxina web do Concello (www.silleda.es), no apartado Perfil do Contratante, dentro da sección de Subministros.
O prazo de execución dos traballos é de 30 días naturais a partir da adxudicación.
O Concello de Silleda concorreu hai meses ás axudas para a habilitación e mellora de infraestructuras nos parques empresariais de Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder). Esta actuación ten como obxectivo a mellora da instalación enerxética do parque empresarial Área 33 e a tamén aspectos relacionados coa seguridade.
O que se plantexa é unha actuación integral de eficiencia enerxética no alumeado público do polígono, coa instalación dunha planta de xeración fotovoltáica que alimentaría o parque empresarial e que ao mesmo tempo modernizaría o sistema enerxético da zona, onde se veñen rexistrando determinadas carencias.
O proxectocontempla un sistema centralizado para xerar a enerxía que precisa o alumeado exterior de todo o polígono coa instalación de paneis solares fotovoltáicos, que xunto con outros equipamentos (acumuladores, inversores…) surtan da enerxía necesaria a rede de alumeado. Deste xeito, tamén se reduce a dependencia enerxética do Concello e se contribúe a unha maior eficencia no gasto. Segundo os estudios realizados, a combinación da xeración fotovoltáica cun sistema que regule a potencia consumida permitirá a reducción da dependencia do alumeado no polígono das redes convencionais en máis dun 85%.
“Con esta iniciativa non só se busca dar solución aos problemas de subministro eléctrico, senon tamén mellorar en eficiencia enerxética e nos índices de aforro, continuando coa filosofía iniciada por este departamento municipal”, sinala o alcalde, Manuel Cuíña.