Silleda, 11 de outubro de 2013. O alcalde de Silleda, Manuel Cuíña Fernández, recibiu hoxe no consistorio a o recién proclamado presidente da Sociedade de Caza e Pesca de Silleda, Jesús Pérez Caramés. O rexedor felicitou a novo responsable da entidade pola súa recente elección e trasladoulle a súa vontade de colaboración.
Neste primeiro encontro, no que ambos mantiveron unha primeira toma de contacto, o alcalde e o novo presidente da sociedade xa despacharon sobre distintos asuntos no marco desa colaboración. A entidade está a utilizar bens e instalacións de titularidade municipal, coma un local nos baixos das vivendas sociais –onde teñen as súas oficinas-, o Campo de Tiro de Vilar ou o criadeiro cinexético situado en A Mera.
“Ademais de abordar cuestións relacionadas con estas instalacións, tamén falamos de que de dende o Concello de Silleda se intentará apoiar, na medida do posible, algunhas das necesidades da entidade nestes momentos”, sinala Cuíña.
Ámbolos dous amosaron a súa intención de manter unha relación fluída nesta nova etapa da sociedade, que vén de renovar a súa directiva con Pérez Caramés ao frente.