Silleda, 31 de outubro de 2013. O Servizo provincial de recollida de animais realizou, dende a súa posta en marcha, un total de 19 intervencións no termo municipal de Silleda.
Das intervencións realizadas polo servizo de lacería, recolléronse 14 cans e deles, catro xa foron adoptados, segundo os datos facilitados dende o Centro de Acollida e Protección de Animais. O servizo, ao que se adheriron un total de 48 municipios da provincia de Pontevedra, comezou a funcionar o día 8 de abril de este ano.
Dende o goberno municipal, o alcalde, Manuel Cuíña, destaca que se trata “dun servizo beneficioso e que está a funcionar moi ben”. Así, as intervencións estanse a realizar no mesmo día en que se dan os avisos.
Para solicitar a recollida de cans abandonados, ou avisar de que están mortos nalgunha vía pública, os veciños/as deben de chamar ao Concello (986 580000) dende onde se da a respectiva comunicación ao servizo provincial.
O custe do servizo para os Concellos é de 0,30 céntimos por habitante, o que equivale, no caso de Silleda ao pago dunha tasa anual de 2.722,20 euros. Neste exercicio, tendo en conta que se comezou en abril, a taxa ascende a 2.041, 65 euros, liquidación que xa foi notificada ao Concello de Silleda nas últimas semanas.
O acordo de sumarse ao convenio da Deputación, adoptouse por unanimidade no pleno de setembro de 2012.
Ademais da recollida de animais, que son trasladados ao centro de acollida da Armenteira (Meis), o servizo contempla a retirada de animais domésticos mortos (cans e gatos) das vías públicas e estradas do municipio.
No caso de que sexa posible identificar ao propietarios dos animais, és terá un prazo de 10 días para proceder á súa, previo aboamento dos gastos que orixinou a súa custodia e mantemento. Se no dito prazo o dono do animal non o recolle, entenderase que está abandonado. Esto non eximirá ao dono do animal na responsabilidade en que puidera incorrer o seu abandono.
“Cremos que se trata dun servizo moi interesante para os concellos pequenos, dada a problemática que supón o abandono de animais domésticos, ademais de supoñer en moitos casos un perigo de seguridade viaria”, engade Cuíña.