Silleda, 1 de novembro de 2013. A páxina web www.silleda.es recibiu un total de 22.815 visitas dende a súa renovación en novembro do pasado ano. Se se contabilizan as páxinas vistas (número total contando as visitas a todas as sección do portal), o número ascende 84.404. O promedio de duración das visitas sitúase en preto de dous minutos.
Outro dato destacado no balance do primeiro ano da renovación do portal web é que o preto do 60% (en concreto o 58,6 por cento )dos usuarios que accederon a este sitio) por cento dos usuarios que accederon ao portal municipal nunca visitara o sitio web con anterioridade.
Así mesmo, o número de visitantes únicos (usuarios non duplicados, contabilizados unha soa vez) foi de 13.344.
En canto ás sección máis visitadas, encabezan o ranquin as consultas do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM). De feito, durante o periodo de exposición ao público do documento urbanístico, -entre xaneiro e marzo deste ano-, rexistrouse o maior nivel de entradas á web municipal de de Silleda. O apartado de Novas, onde se poden atopar as noticias e información elaboradas dende o gabinete de prensa, é outra das sección máis visitadas xunto co apartado O Concello, onde os usuarios poden atopar información relativa ao funcionamento interno da Administración Local.
Séguenlle a Axenda de Eventos, á que se pode acceder dende a páxina de inicio, o apartado Teléfonos e Servizos, a sección Parroquias, e as consultas de Ordenanzas e Regulamentos, xunto co espazo adicado ao programa municipal Silleda Emprega.
O portal foi renovado por completo o pasado ano a cargo da empresa Conta Local, encargada do soporte técnico e contabilidade do Concello, sen custe algún para as arcas municipais. Co novo diseño, os distintos departamentos están recollidos dentro das respectivas concellerías, cunha estructura moito máis áxil e clara e un diseño máis atractivo.
Ademais da información estructurada por Concellerías, a nova páxina permite acceder directamente a través de banners a seccións de interese coma as que recollen os contidos de novos programas municipais, coma o Silleda Activa ou Silleda Solidaria, ou dende o que se accede directamente ao portal de turismo (turismosilleda.es).
Outra das novidades pasa polo contacto directo co goberno municipal enviando mensaxes vía correo electrónico. O acceso directo ás redes sociais ou a información meteorolóxica foron outras das incorporacións.
“A renovación da web foi un acerto”, sinala a concelleira de Comunicación Social, Margarita Campos, “xa que a páxina web debe ofrecer aos usuarios información clara e actualizada dos servizos e recursos municipais”, indica.