Silleda, 13 de novembro de 2013. A Banda Recreativa e Cultural da Bandeira participará o vindeiro domingo día 17 no VII Certamen Galego de Bandas, que se celebrará no Auditorio de Galicia, en Compostela. A formación silledense concursará na sección primeira (bandas de máis de 71 integrantes) xunto con outras 4 bandas. Actuarán, por este orden a Banda Municipal de Valga, a Agrupación Musical de Vincios, a Banda Municipal de Caldas de Reis, a Asociación Musicocultural San Martiño (Banda de Música de Salcedo) e, en último lugar a Recreativa e Cultural de Bandeira.
A formación, baixo a batuta de Miguel Rodríguez Barrio, convida aos veciños e veciñas a asistir a esta actuación. Os que desexen ver a actuación da Banda da Bandeira, deben estar no Auditorio ás 19.30 horas.
O repertorio da banda comezará co pasodobre Enrique Melio, de Simón Couceiro, e continuará coa interpretación da obra obrigada, Insomnio, de Juan Eiras e como obra de libre elección, a Sinfonía nº2 The Golden Age, de Bert Appermont.
Esta será a cuarta ocasión na que a Recreativa e Cultural da Bandeira participe no certamen. Así, en 2008 proclamaronse gañadores da sección e en 2009 e 2011, obtiveron o segundo posto.
Nesta séptima edición da cita, será a única banda da comarca, xunto coa de Vilatuxe (que actúa o sábado na sección terceira) que esté presente.