Máis Violeta, concentración contra a violencia de xénero

O  Centro de Información á Muller (CIM) de Silleda organiza un ano máis con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero o acto "Máis Violeta". A concentración terá lugar nas inmediacións do Centro Social ás 12.00 horas e nel presentarase a guía de recursos para as mulleres maltratadas editada dende o Concello de Silleda.  Así mesmo, ao longo dos vindeiros días continuarase coa celebración do programa elaborado dende o CIM para a prevención e sensibilización da violencia de xénero, coma os obradoiros que se están a celebrar nos centros educativos, as mensaxes nas redes sociais, ou o programa Sete máis unha películas, que se puxo en marcha en colaboración coas asociacións de mulleres do rural. 

Dende a Concellería de Benestar Social e Igualdade faise un chamamento á cidadanía para asistir a este acto de repulsa contra a lacra social da violencia de xénero.