¿Cómo podo obter o carné xove?

 

Se tes entre 12 e 30 anos (ambos inclusive) podes conseguir o carné xove, unha tarxeta persoal e intransferible á disposición da mocidade galega, coa que obtén descontos e vantaxes das entidades colaboradoras en Galicia, no resto das comunidades autónomas españolas e nos 40  países europeos adheridos ao programa do Carné Xove, agás excepcións propias de cada comunidade ou país.

Podes tramitalo na Casa da Xuventude de Silleda, onde che darán un formulario para cumprimentar. Só hai que levar o DNI e abonar unha taxa de 6 euros.