Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX)

Este servizo da Concellería de Xuventude nace para informar, asistir e prestar apoio a todas as cuestións relacionadas coa mocidade silledense. Ademais de informar a este colectivo tamén se encarga de organizar actividades para nen@s e moz@s do municipio, así como da tramitación do carné xove, entre outros servizos. Está situada na Casa da Xuventude (rúa Trasdeza número 90). O horario de atención é de 11.00 a 14.30 e de 16.30 a 20.30 horas. Aquí tamén podes atopar a información necesaria para poder participar en campamentos de verán, campos de traballo ou cómo conseguir bolsas de distintas administracións.