70 maiores de Silleda disfrutan dunha excursión de oito días a Peñíscola

Silleda, 19 de maio de 2016.  70 persoas de Silleda xa están a disfrutar da viaxe organizada polo Clube do Centro Social dos Maiores, que neste caso recalará en Peñíscola, (Castellón).

A excursión, que se prolongará ata o vindeiro 25 de maio,  visitará ademais  cidades como Guadalajara, Castellón, Morella, ou Cuenca. Ademais destas visitas, os asistentes tamén terán a oportunidade de gozar de días de praia na Costa de Azahar.