A Banda de Música de Bandeira participará no Festival Rio Loco en Toulouse

-O festival Rio Loco, celebra a sua vixésimo primeira edición adicada este ano aos “Mundos Celtas”

Silleda, 16 de xuño de 2016.  Unha sección da Banda de Música Recreativa e Cultural de Bandeira acudirá este sábado 18 de xuño á vixésimo primeira edición Festival Rio Loco, un dos máis emblemáticos de Francia onde, xunto cos integrantes do grupo Caxade, ofrecerán aos máis de 130.000 esperados asistentes os temas do disco A Dança dos Moscas ao Vivo e algún tema novo.

O concerto celebrarase ás 9 da noite en Pont-Neuf, o escenario principal do festival, situado á beira do río Garonne, en Toulouse.

O Festival desenrolarase entre os días 15 e 19 de xuño prevíndose unha asistencia de 22.000 persoas cada día entre as 5 da tarde e as 12:30 da noite.