O Concello de Silleda recibe 67 solicitudes para becas ao estudo e material escolar 

Silleda, 15 de decembro de 2022.  O Concello de Silleda vén de rexistrar un total de 67 solicitudes para axudas ao estudo.

Así, en canto ás Axudas a universitarios/as, e estudantes de ciclos formativos durante o presente curso académico, hai un total de 50 peticións. O prazo rematou o pasado día 10, logo da publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia (BOP) de Pontevedra.

A contía máxima, en función da renda percápita , é de 450 euros.

No caso das axudas para libros e material destinadas a familias que precisan dunha protección especial ou con todos os seus membros en situación de desemprego, o número total de solicitudes rexistradas foi de 17, despois de que o prazo rematara o pasado día 9.

Dende a Concellería de Educación, que dirixe Ángela Troitiño, resolveránse estas axudas , coa aprobación das correspondentes contías segundo as bases.

En total, o Concello de Silleda destina a estas subvencións directas ao estudo unha contía de 20.000 euros, continuando co apoio á educación  dos últimos anos.

O listado de persoas beneficiarias pode consultarse nos seguintes documentos, nos certificados dos acordos da Xunta de Goberno Local: