A Concellería de Benestar Social organiza unha excursión á Costa Dourada en maio

Silleda, 10 de marzo de 2017.  A Concellería de Benestar do Concello de Silleda, que dirixe Pilar Peón, vén de organizar unha nova excursión. O destino será esta vez a Costa Dourada, cunha viaxe programada entre os días 9 e 16 de maio.

A expedición iniciarase o día 9 con parada en Soria para xantar e visita a esta localidade, onde se pernoctará para partir ao día seguinte cara a terras catalanas.  O día 10 o grupo trasladarase a Salou, onde se ubica o hotel onde está previsto pasar 5 noites. Dende alí o grupo visitará localicades como Tarragona, Montblanc e Altafulla, e Barcelona. O regreso emprenderase o día 15 de maio con destino Zaragoza. Alí pasarase a última noite con visita á cidade do Ebro dende onde se partirá o día 16 xa de volta a Silleda.

O prezo desta excursión é de 386 euros por persoa, con todo incluído. As persoas interesadas deben de facer as reservas na Casa da Cultura de Silleda (ou chamando ao 986 581028) a partir do vindeiro luns día 20 de marzo.