A Concellería de Cultura programa unha charla sobre primeiros auxilios en nen@s e bebés dentro do Programa Avelaíña

-Será o sábado 16 de abril no Centro Cultural Vista Alegre de A Bandeira, dirixido a educadores, familias e a todo o público interesado.

 A Concellería de Cultura de Silleda vén de programar outra das charlas dentro do Programa Avelaíña, a iniciativa dirixida ao público infantil do municipio. Será o sábado día 16 de abril e estará impartido por un médico de Cruz Vermella.

A charla celebrarase no Centro Cultural Vista Alegre de A Bandeira ás 10:30 h. cunha duración de dúas horas. Esta actividade está dirixida principalmente ás familias, así como a educadores/as, aínda que tamén pode asistir calquera persoa interesada.

A participación é gratuíta, aínda que con prazas limitadas, polo que para asistir haberá que anotarse chamando ao Concello de Silleda (986 580 000) ou ben directamente no Centro Cultural Vista Alegre antes do próximo 14 de abril.

Abordaranse tres módulos:

  • Pautas de actuación ante unha situación de emerxencia: conduta PAS, (Protexe, Avisa, Socorre).
  • Primeiros auxilios ante obstrucións da vía aérea por corpo estraño, hemorraxias, feridas, queimaduras, traumatismos …
  • Reanimación cardiopulmonar