A Concellería de Cultura reprograma a charla sobre primeiros auxilios en nen@s e bebés dentro do Programa Avelaíña

-Despois de ter que ser anulada por causas alleas ó concello, volverase a realizar o próximo sábado 21 de maio no Centro Cultural Vista Alegre de A Bandeira

Silleda, 19 de abril de 2016. A Concellería de Cultura de Silleda vén de reprogramar outra das charlas dentro do Programa Avelaíña, a iniciativa dirixida ao público infantil do municipio. Será o sábado día 21 de maio e estará impartida por un médico de Cruz Vermella.

A charla celebrarase no Centro Cultural Vista Alegre de A Bandeira de 10:30 a 12:30 horas. Esta actividade está dirixida principalmente ás familias, así como a educadores/as, aínda que tamén pode asistir calquera persoa interesada.

A participación é gratuíta, aínda que con prazas limitadas. Os anotados para a anterior convocatoria que tivo que ser anulada, serán confirmados dende o concello, pero aínda quedan prazas libres, polo que se poden seguir anotando chamando ao Concello de Silleda (986 580 000) ou ben directamente no Centro Cultural Vista Alegre antes do próximo 18 de maio.

Abordaranse tres módulos:

  • Pautas de actuación ante unha situación de emerxencia: conduta PAS, (Protexe, Avisa, Socorre).
  • Primeiros auxilios ante obstrucións da vía aérea por corpo estraño, hemorraxias, feridas, queimaduras, traumatismos …
  • Reanimación cardiopulmonar