A Concellería de Emprego e Educación informa sobre a convocatoria de becas Leonardo da Faepac para prácticas laborais no extranxeiro, destinadas a titulados en paro

Silleda, 4 de agosto de 2014. A Concellería de Emprego, Educación e Participación Cidadá, que dirixe Pilar Peón, informa da apertura da convocatoria, por parte da Fundación Axencia Enerxética Provincial da Coruña, para a realización de práticas no extranxeiro a través de Bolsas Leonardo da Vinci. Esta iniciativa está dirixida a persoas tituladas que se atopen en situación de desemprego e que teñan poucos anos de experiencia. As prácticas realizaranse por un periodo de 13 semanas.

A convocatoria a través do citado programa de mobilidade Leonardo da Vinci para práticas profesionais na Unión Europea, oferta un total de 12 prazas, 5 en Portugal (en Braga); outras seis no Reino Unido e unha máis en Alemaña.

Trátase de práticas profesionais en empresas do sector das enerxías renovables, aforro enerxético, construcción sostible e medioambiente. As persoas interesadas poden consultar os requisitos , características das becas e obter os formularios de inscrición na web da citada fundación (www.faepac.org). A web municipal de Silleda recolle esta información así como un enlace a este portal dentro do apartado da citada concellería, dentro da sección Plans de formación.

Dende a concellería de Educación e Emprego preténdese así manter informada á cidadanía deste tipo de convocatorias que puideran ser de interese para os titulados/as en especialidades relacionadas co sector que se atopen en situación de desemprego.