A Concellería de Emprego organiza unha xornada formativa para desempregado o xoves 24

Silleda, 16 de abril de 2014. A Concellería de Emprego de Silleda, que dirixe Pili Peón, organiza en colaboración con Adecco un obradoiro o vindeiro xoves día 24 de abril dirixido principalmente a persoas en situación de desemprego. Esta sesión formativa, gratuita para os usuarios, terá lugar na Casa da Cultura en horario de 10.00 a 12 horas. Nesta sesión explicaranse aos asistentes cuestións relacionadas coa búsqueda activa de Emprego. Así falarase sobre cómo facer un currículum, erros habituais, ou cómo prepararse para afrontar unha entrevista de traballo.

As persoas interesadas en participar neste obradoiro, que non ten ningún custe, poden anotarse chamando ao 986 580000.

O obradoiro será impartido por persoal de Adecco, firma que intermedia entre empresas e demandantes de emprego. “Con iniciativas como esta seguimos apostando pola formación de persoas en situación de desemprego, aportándolle neste caso coñecementos sobre cómo afrontar a búsqueda dun traballo”, sinala a concelleira. Dende o programa municipal Silleda Emprega xa se está a contactar coas persoas inscritas para informarlle da celebración deste obradoiro.