O vindeiro sábado 10 de maio, Silleda acolle dúas propostas culturais e de lecer para todos os públicos:
🎭 Contacontos musical: Vero Rilo – Pelica de Burra
O programa FalaRedes trae ata a Praza Siñor Afranio un espectáculo que mestura narración oral, humor e música da man de Vero Rilo e compañía.
🕛 Hora: 12:00h
📍 Lugar: Praza Siñor Afranio (Silleda)
💬 Actividade gratuíta promovida pola Xunta de Galicia a través do programa de dinamización lingüística.
🐎 VII Ruta Cabalar de Laro (Silleda)
Os Cabaleiros de Regadío organizan unha nova edición da xa tradicional ruta cabalar:
-
🕐 13:00h – Xantar popular (20€): empanada, lacón asado, postre, bebida e máis.
-
🚶♀️ 15:30h – Ruta cabalar de 18 km con parada para pinchos, amenizada polo Grupo de Gaitas Os Trasnos de Doade.
-
🌙 22:30h – Cea (30€) e festa coa actuación do Dúo Ciclón e DJ Regadisco Show.
📞 Inscricións abertas ata o 7 de maio nos teléfonos:
Rubio: 670 768 819 / Donsión: 662 543 817
📍 Lugar: Laro – Silleda
Organiza: Asociación Cabaleiros de Regadío
Colaboran: Concello de Silleda e Deputación de Pontevedra