A Deputación de Pontevedra aproba unha subvención de 3.435,51€ para mantemento e reparacións deportivas

-A subvención repercutirá en melloras no campo de fútbol do Outeiriño en Silleda, e nas pistas de pádel municipais de O Castro

Silleda, 29 de febreiro de 2016.   O Concello de Silleda ven de recibir da Deputación de Pontevedra a concesión dunha axuda de 3.435,51 € para o mantemento e reparación de instalacións deportivas e espazos públicos.

Esta subvención, indicada para entidades locais da provincia de Pontevedra con poboación inferior a 20.000 habitantes, inverterase en dúas actuacións: a instalación dun cerre con rede de 4 metros no lateral do campo de fútbol Outeiriño que da á estrada, e na colocación dun reloxio temporizador para a iluminación da pista de pádel de O Castro.

Estas obras, que se concluirán nos próximos días, virán a cubrir dúas necesidades latentes nestas instalacións deportivas, evitando que saian os balóns para a rúa no caso do campo de fútbol, e dando autonomía aos usuarios das pistas de pádel, ao non ter que depender de persoal municipal para a iluminación do recinto.