A Deputación de Pontevedra financia o proxecto para o Complexo Deportivo de O Castro que o Concello de Silleda presentou á convocatoria de Turismo Deportivo Sostible

-O organismo provincial financia con 16.879,50 euros o proxecto para remodelar e mellorar as pistas de Pádel, a través da convocatoria feita polo Consejo Superior de Deportes

Silleda, 10 de novembro de 2023. A Deputación de Pontevedra financia a redacción do proxecto presentado polo Concello de Silleda á convocatoria de axudas estatais para o fomento do turismo deportivo sostible.

A subvención para a redacción do proxecto de mellora e ampliación das pistas de pádel de O Castro outorgada pola entidade provincial ascende a 16. 879,50 euros.

O proxecto foi adxudicado á empresa Codinci por dito importe para elaborar a reforma e mellora de esta infraestrutura deportiva. Esta axuda realízase a través da convocatoria da Deputación para subvencionar a municipios de menos de 50.000 habitantes para financiar os gastros de proxectos do Plan de Recuperación, Transformación e Resilencia no ámbito do turismo deportivo sostible.

O importe da actuación proposta no proxecto, que opta á liña de axudas do Consello Superior de Deportes entidades públicas titulares de instalación deportivas para a mellora e optimización de espazos que fomenten o turismo deportivo sostible con fondos europeos, supera os 500.000 euros.

Proponse ampliar unha pista máis de pádel (agora mesmo hai 2 no recinto) e a dotación de vestiarios e aseos, ou unha zona de calistenia, entre outras melloras.