A Escola de Familia de Silleda celebra unha nova sesión o vindeiro día 20

 Silleda, 13 de xuño de 2017.  A Escola de Familias de Silleda que se creou hai dous meses volve celebrar unha nova sesión o vindeiro martes día 20. A cita, aberta ao público e gratuita, terá lugar ás 20:30 horas na Casa da Cultura de Silleda, impartida polo psicólogo, terapeuta e mediador familiar Carlos Vila, da Asociación para o Crecemento e Orientación Familiar.

Esta será a segunda sesión logo da primeira celebrada en maio, e a iniciativa retomarase o vindeiro curso con unha sesión por trimestre.

 Este proxecto nace da demanda de pais e nais polos cambios na sociedade actual que afectan en gran medida á educación dos cativos

Todos aqueles aqueles pais e nais que teñan dúbidas ou que desexen consellos sobre cómo manexar situacións cos seus fillos poden participar nestas sesións, totalmente gratuitas.