A Escola de Fútbol Silleda organiza o torneo de Alevín e Benxamín, con 15 equipos

Silleda, 3 de setembro de 2014. O campo de Outeiriño, en Silleda, acolle esta fin de semana unha nova edición do Torneo de Fútbol Alevín e Benxamín, organizado dende a Escola de Fútbol silledense. A cita comezará o sábado día 6, coa competición na categoría de Alevín e o domingo tocaralle o turno aos de Benxamín.

En total participarán neste torneo 15 equipos galegos: Arrabaldo, Ponte Ourense, EF Lalín, Cruces, AD Cruido, Callobre, Bertamiráns, Milladoiro, Cabo de Cruz, Abanqueiro, Touro, San Mamede, Cuntis, SP Estrada e o equipo anfitrión da Escola de Fútbol de Silleda.

Dende a Concellería de Deportes, Klaus Brey, destaca o éxito de edicións anteriores deste torneo, que serve para promocionar o deporte base.