A exposición pública a Rede de Camiños principais da zona de reestructuración parcelaria da parroquia de Oleiros

-As alegacións poderán formularse por un periodo de 1 mes, dende o vindeiro martes día 10 e ata o 9 de decembro. O proxecto pode consultarse na web municipal, na web de medio rural e tamén estará exposto no Concello, para consultas baixo cita previa

Silleda, 7 de novembro de 2020. A Consellería do Medio Rural vén de remitir o proxecto da Rede de Camiños principais da zona de reestructuración parcelaria da parroquia silledense de Oleiros. As persoas propietarias dispoñen dun mes dende o vindeiro martes día 10 para formular alegacións ao proxecto.
A información pode consultarse na web municipal de Silleda (www.silleda.es), na web de Medio Rural, na sección de “Publicacións” e tamén nas oficinas municipais de Urbanismo.
Dende o Concello de Silleda a fin de facilitar as consultas da veciñanza, colocaránse nos vindeiros días bandos informativos na parroquia de Oleiros e outras limítrofes. Así mesmo, habilitarse un servizo de cita previa para aquelas persoas que desexen facer a consulta nas oficinas de Urbanismo. Neste caso terán que chamar ao teléfono 986 180233.
A concentración parcelaria de Oleiros foi decretada en marzo de 2018, data dende a que se levaron a cabo distintos procedementos que agora se retoman ca exposición do proxecto da rede de camiños. Para descargar o proxecto, premer no seguinte enlace: