A Festa da Bicicleta volta a Silleda o vindeiro sábado día 7

Silleda, 2 de setembro de 2013. O vindeiro sábado día 7 terá lugar en Silleda unha nova edición da Festa da Bicicleta, cita deportiva aberta a participantes de todas as idades e organizada dende a Concellería de Deportes, e coa colaboración da Deputación de Pontevedra. O percorrido partirá ás 18.00 dende o campo de fútbol de Outeiriño e continuará pola avenida Recinto Feiral, o entorno do recinto, cruzando a N-525 cara as Pedrosas e voltando ao campo de fútbol pola avenida do parque, rúa María Colmeiro e Entremesóns.

O recorrido ten un total de 6,5 kilómetros. Para participar, ao igual que outros anos, é obrigatorio o uso de casco.

Ao remate do percorrido haberá sorteo de agasallos  entre todos e todas as participantes e tamén o sorteo dunha bicicleta. Klaus Brey anima a todos e todas as silledenses a participar “un ano máis nunha cita deportiva que contribúe a promover hábitos saúdables entre a poboación” e incide na necesidade de acudir con casco para poder participar.