A Festa de Namorar dos Maiores inclúe o sorteo dunha estancia con cea, aloxamento e spa no hotel Vía Argentum

Silleda, 13 de febreiro de 2017. O vindeiro venres día 17 de febreiro  volta ao  Centro Social dos Maiores da Bandeira a Festa de Namorar, con motivo da festividade do San Valentín. A celebración terá lugar entre as 18.00 horas e as 21.00 horas, con pinchos e chocolatada para os asistentes,  e animación musical en directo a cargo de Suso de Melide. O prezo é de 5 euros por persoa.

Tamén se procederá a realizar sorteo de agasallos. Así, e por xentileza do Hotel Vía Argentum de Silleda, sortearase un vale para dúas persoas que inclúe cea romántica, aloxamento dunha noite e sesión de spa.

 Para anotarse nesta festa, os interesados poden achegarse ata o propio Centro Social dos Maiores da Bandeira, o de Silleda, ou chamar ao 986 592037.  Dende a Concellería de Benestar Social, que vén organizando esta festa nos últimos anos, agradécese a colaboración do Hotel Vía Argentum coa aportación deste agasallo para unha das parellas asistentes.