A Kedada Solidaria en BTT volta o vindeiro domingo 19

Silleda, 9 abril de 2015. O vindeiro domingo día 19 de abril celebrarase a segunda edición da  Kedada Solidaria en BTT, organizada polo clube BTT Trasdeza. A cita parte ese ano da praza da Feira da Bandeira, ás 09.30 e contará cun percorrido de aproximadamente 38 kilómetros, contando con alternativas para os que desexen acortar a ruta. Están previstos dous avituallamientos.

O traxecto discorrerá por enclaves naturais como a Fervenza do Toxa, o mosteiro de Carboeiro, ou o roteiro do baixo Deza, que comeza na parroquia de Abades.

As persoas que desexen participar poden anotarse ata o vindeiro xoves día 16. O prezo da inscrición é de 4 euros, e ademais os participantes deeb de aportar un kilo de alimentos con produtos non perecedeiros, que ao igual que o pasado ano se entregarán ao programa municipal Silleda Solidaria. O parquin e lavado de bicicletas estará situado no pavillón de Deportes da Bandeira.

As inscricións poden formalizarse a través da web www.rgbikes.com , ou de xeito manual no Bar Arume da Bandeira, no establecemento RG Bikes, en Silleda, ou no Bar Pepe (Lalín). Para máis información as persoas interesadas poden chamar ao teléfono 660 550891.

A ruta está organizada polo colectivo BTT Trasdeza, creado hai dous  anos e que  conta socios que veñen participando os domingos en distintas saídas polo territorio silledense.

Dende a organización quere agradecerse a colaboración e apoio das firmas colaboradoras, así como dos participantes que xa se están a anotar nesta iniciativa.

Así mesmo, dende o Concello o alcalde, Manuel Cuiña, reitera o agradecemento aos organizadores e patrocinadores “por continuar apostando por esta cita que auna deporte e solidariedade, contribuíndo a axudar a moitas familias de Silleda co aumento de fondos do Banco de Alimentos”, engade.