A liquidación de 2012, excepcional, con todas as facturas pagadas e un resultado orzamentario de 800.000 euros

 

Silleda, 25 de maio de 2013. O goberno municipal de Silleda dará conta no pleno ordinario do vindeiro xoves día 30 da liquidación do exercicio 2012, que arroxa un resultado excepcional e histórico, cun saldo positivo de 787.914,12 euros, logo de deixar realizados todos os pagos correspondentes á pasada anualidade.

“Por primeira vez na historia deste Concello o resultado contable alcanza unha cifra desta envergadura, e deixando ademais todo pagado”, sinala Paula Fernández Pena, que xa no pleno do mes pasado adiantara a consecución dun resultado moi positivo “grazas á liña de traballo que estamos a seguir, coa contención do gasto, a regularización de ingresos e o manexo de datos reais, non maquillados”.

A consecución desta cifra, tan elevada, débese en boa medida ao aumento rexistrado no apartado de ingresos co crédito para o pago a provedores establecido no Real Decreto 4/2012, por importe de 1.155.410 euros, xa que con este importe foron abonadas moitas facturas contabilizadas en anualidades anteriores e que polo tanto foron imputadas neses anos.

Pero máis aló da repercusión dese crédito no resultado final, o certo é que por segundo ano consecutivo a liquidación volve arroxar un resultado moi satisfactorio, “o que vén a refrendar as políticas seguidas por este executivo dende o inicio da lexislatura no plano económico”.

Gastos

No tocante aos gastos, segundo se recolle no informe de Intervención, as obrigas recoñecidas netas supoñen aproximadamente o 93,22% dos créditos definitivos, o que indica un “importante grado de execución do gasto”. Isto vén a ratificar que o orzamento de 2012 estaba ben prantexado como agora se demostra na liquidación.

A liquidación arroxa outro dato significativo, o descenso  no gasto de persoal en casi 110.000 euros, e que se sitúa nun  37.53 % fronte ao 52.47 % do gasto corrente, o que significa que “continuamos na senda correcta para conquerir reaxustar a situación económica municipal, co gasto de persoal menor que os gastos correntes”,

O pago de casi 472.000 euros  a través do mecanismo de pago a provedores provocou un  aumento dun 13.19 %  en gasto corrente e de servizos que pasan de 2.480.245 a 2.582.548 euros. Con ese dato, e recordando que ademais se tramitou un expediente extraxudicial de crédito de facturas de anos anteriores que ascendía a 89.529 €  a alcaldesa conclúe que “mais dun 21% dos gastos correntes do exercicio 2012 corresponden a de anualidades gobernadas polo PP, partido que  agora se atreve a cuestionar a nosa labor económica”

“Pagamos máis, non  deixamos ningunha factura de caixón e aínda por riba rematamos con este resultado histórico. Eso quere dicir que sí é posible encamiñar as contas do Concello de Silleda”, sentencia Paula Fernández a pesar de que os gastos financieiros duplicáronse para poder pagar os intereses derivados do crédito do Estado así como polo pago de intereses das sentencias por impago en firme. “O dano económico infrinxido polo PP a este Concello tardará anos en cicatrizar”.

Respecto ás transferencias correntes baixaron nun 33%, mentras que o gasto en inversión ascendeu  nun 4.20 %, aínda que se se teñen en conta as inversión abonadas co mecanismo de pago a proveedores de anos atrasados, este incremento ascendería a un 25,50 %  é dicir “pagamos 187.193 € de facturas correspondentes a gastos de inversión en obras feitas polo PP, das que con total seguridade  presumiron na inauguración cos vecinos e as veciñas mentres metían as facturas nos caixóns”.

Ingresos

A recadación de impostos aumentou debido fundamentalmente ao incremento do IBI imposto goberno de España para a corrección do déficit publico nun 14.69 %, mentres que se reduciron os Impostos indirectos, non só pola falla de obras senon porque se tivo ademais que facer  unha devolución de licenza por non execución. É nas transferencias de capital onde se asume a maior suba, tendo en conta que se ingresaron 229.558 euros máis que no ano 2011 debido a pagos atrasados doutras administracións superiores.

Os datos de ingresos arroxan un dato preocupante xa que mais do 54% procede de transferencias correntes e transferencias de capital “o que demostra a escasa autonomía económica do concello, algo que temos que mudar nos próximos exercicios”.

Análise do remanente de tesorería

Os fondos líquidos de tesourería aumentaron, pasando de 633.557 no ano 2011 a 808.631,21 no 2012, ao tempo que se produce unha diminución moi importante nas obrigas pendentes de pago  que pasan de 2.96.218 do ano 2011 a 1.629.433,14 no 2012

Para o exercicio 2012 o remanente líquido de tesourería total do concello presenta un importe positivo de 2.030.423 €, iso sí, como xa se anunciara,  o cambio nos criterios para computar as débedas a favor do concello de anos atrasados, “agora mais realistas e mais acordes co principio de prudencia” provoca que os saldos de dubidoso cobro (cantidades pendentes de ingresar na que se inclúen débedas coma a contraída coa Fundación Semana Verde), pasaron de 1,2 a 2,5 millóns de euros o que arroxa un remanente de tesorería de -635.513,47 “Para facer ben as cousas é preciso traballar con cifras reais e non manipular a realidade. Só así conseguiremos rematar con bo pé o camiño iniciado”, sinala Paula Fernández.

                                   Informe de intervención . Conclusións

No informe de Intervención, conclúese literalmente que a situación económica do Concello segue a ser  precaria. “Faise necesario implementar as medidas necesarias para acadar unha redución no gasto e a súa optimización, profundizando na liña de contención de gasto xa iniciada no ano 2012, e unha importante mellora nos ingresos, de acordo coas prescricións recollidas no Plan de axuste”, reza o informe.

 “A contención de gasto que comezamos a aplicar neste mandato e as políticas de aforro xa están a dar os seus froitos. Que a liquidación municipal reflicta un saldo positivo deste calibre, con case 800.000 euros, pese á excepcionalidade dese crédito para o pago a provedores, é todo un fito neste Concello”, sinala Paula Fernández, que lamenta que “aínda hai sentencias xudiciais condenatorias con pagos de anualidades xa pechadas que teremos que afrontar”.

A alcaldesa e responsable municipal de Facenda pide responsabilidades e explicacións. “O PP debería explicar porque temos estes resultados en época de crise e eles arruínan o Concello en épocas de bonanza económica”.

 Así, Paula Fernández lembra que o orzamento de 2013, que se someterá no pleno do xoves a aprobación definitiva, “segue a mesma filosofía que utilizamos para facer o do ano anterior, que tan excelente resultado nos deu, polo que agardamos un respaldo ao traballo que estamos a facer para endereitar a contabilidade municipal”, engade mentres reflexiona e di que “o PP debería ter a obriga moral de aprobar un orzamento destinado a solucionar os problemas de mala xestión dos seus gobernos”.