A mostra “Arte Sacro no Concello de Silleda”, do CPR María Inmaculada, na Casa da Cultura ata o 2 de xaneiro

Silleda, 11 de decembro de 2019. A mostra “Iconografía sacra e profana de Silleda”, realizada polo alumnado do CPR María Inmaculada, e que foi unha das propostas gañadoras do XI Proxecto Didáctico Antonio Fraguas, un certame de investigación escolar sobre o patrimonio lingüístico e cultural galego, chega  á Casa da Cultura de Silleda.

A exposición, coordinada polo profesor Francisco Javier Novo Sánchez, e que estivo dende finais de outubro e ata uns días no Museo do Pobo Galego, poderá visitarse en Silleda ata o vindeiro 2 de xaneiro.  A exposición recolle paneis con imaxes do interior das igrexas do municipio, con explicacións que dan sentido á iconografía e que se comparán con obras da Historia da Arte Universal.  O traballo é froito da labor realizada por un grupo de alumnos e alumnas de Secundaria deste centro coordinados polo citado profesor.

Dende o Concello de Silleda anímase ao público a achegarse ata esta mostra que recolle algúns dos referentes artísticos que atesouran varias igrexas do municipio.