A mostra Un mundo diferente, de José A. Rodinandez chega á Casa da Cultura de Silleda

Silleda, 5 de marzo de 2014. A sala pintor Colmeiro da Casa da Cultura de Silleda acollerá dende o vindeiro luns día 10 e ata o 31 deste mes a exposición “Un mundo diferente”, do artista José A. Rodinández. Debuxos e textos fúndense nesta mostra gráfica e literaria, que ten a súa orixe na obra “Un libro diferente” (2012) na que o autor dun xeito mustidisciplinar aborda cuestións que van dende a riqueza da propia mente ou a necesidade de darlle uso, ata diferentes puntos de vista xerados pola capidade de vivir unha vida plena.

Nado en Pontevedra, José A. Rodinandez fusiona nesta mostra os conceptos da súa obra literaria coas ilustracións da colección titulada Un novo amanecer, nunha exposición novidosa xa dende o formato, que invita ao visitante-espectador a ir máis aló da mera reflexión.

En palabras do autor Un mundo diferente tamén transmite o concepto utópico que trataron de amosar escritores, artistas… dende os anos 60, reflexando o momento de cambio actual, a búsqueda dunha nova realidade. A mostra inaugurarase o vindeiro luns día 10 ás 18.30 horas.