A parroquia de Cira celebra do 7 ao 12 de novembro a 39 edición da súa Semana Cultural

Silleda, 25 de outubro de 2016. A parroquia silledense de Cira celebra do 7 ao 12 de novembro próximos unha nova edición da súa Semana Cultural. O ciclo, que cumpre 39 anos, arranca o luns día 7 cunha charla coloquio sobre a Cruz Vermella na comarca do Deza, ás 20:30 horas, impartida por persoal desta entidade.

O martes día 8 celebrarase, tamén á mesma hora, un acto de conmemoración do centenario do nacemento de Manuel Reimóndez Portela, o coñecido médico da localidade veciña de San Miguel de Castro. No acto intervirá Luis Reimóndez, fillo do lembrado médico.

Toma o relevo na xornada do mércores día 9 de novembro o actor, e director Cándido Pazó, co monólogo titulado “Candideces”. A maxia volverá a estar presente no ciclo cultural de Cira co Mago Teto e as súas “Tolemaxias”, na cita do xoves día 10.

O venres actuará a Banda Xuvenil de Ponte Ledesma, nun recital previsto para as 21:00 horas. Xa por último na xornada do sábado día 12 de novembro a XXXIX Semana Cultural de Cira rematará cun acto relixioso ao medido día na honra dos veciños e veciñas falecidos neste ano e unha cea de confraternidade no local social a partir das 21:30 horas, amenizada polo Dúo Punto Zero. As persoas que desexen asistir a cea, cun prezo de 20 euros, poden retirar  as entradas na taberna de Maruja Gonzzález. O menú estará composto por empanada, polbo, carne ao caldeiro, viño, doces variados e café.

A cita está organizada pola Comisión de Festexos de Cira e a Concellería de Cultura. A  Semana Cultural de Cira foi pioneira no rural de Silleda e a día de hoxe esta iniciativa é a máis veterana do municipio, a piques de cumplir os 40 anos  de traxectoria.