A primeira fase das obras da Gandareira estará lista a finais de ano

Silleda, 13 de novembro de 2017.  As obras da primeira fase de remodelación integral do campo de fútbol da Gandareira, na Bandeira,  estarán listas a final de ano.

Os traballos, adxudicados á empresn, Taboada y Ramos, reanudáronse a semana pasada logo dun parón por mor dos trámites para a retirada de materiais con amianto das vellas instalacións. A invesión nesta obra supera os 400.000 euros, financiados a través dun convenio coa Deputación de Pontevedra.

O alcalde de Silleda, Manuel Cuiña, visitou os traballos da que se convertirá “nunha das grandes inversión da lexislatura”, engade.

Esta dotación é unha das máis agardadas tendo en conta que o da Bandeira é o único dos 4 campos de fútbol de Silleda que aínda tiña terreo de xogo en terra.

Esta obra, centra as inversións deste ano en Silleda no ámbito das infraestruturas deportivas xunto coa renovación da manta de herba sintética do campo de Outeiriño en Silleda, estreada o pasado mes de agosto. Os traballos na Gandareira comezaron a finales do verán co derribo dos cierres do campo.

Ademais da dotación de herba artificial, similar a do campo de Outeiriño-tamén se construirán novas gradas e aseos con esta reforma integral.

Os campos de fútbol de Silleda e da Bandeira súmanse ás obras realizadas polo Concello nos anos 2012 e 2013 nos campos de Lamela e Laro, respectivamente, coa dotación de terreos de xogo de herba natural. Nestes dous últimos continúanse a facer melloras tamén como a da colocación de colectores solares para contar con auga quente sanitaria.

“Dende o Concello de Silleda apostamos por mellorar os equipamentos deportivos con distintas obras de mellora ás que agora se suma a agardada e necesaria remodelación integral do campo da Gandareira”, engade o alcalde.