A  Romaría da Rapazada celebra a súa 32 edición o vindeiro domingo 19 baixo o lema “Volta a nosa festa”

-Obradoiros, actividades de animación, xogos inchables, actividades multiaventura, e un espectáculo final cos músicos máis novos de Trasdeza  integran o programa no recinto da Saleta

Silleda,  9 de xuño de 2022. A Romaría da Rapazada celebra a súa trixésimo segunda   edición o vindeiro domingo día 19. A cita, no recinto da Saleta, en Siador, contará con actividades xa clásicas e  terá como lema “Volta a nosa festa”.  Así, despois de dous anos de silencia, esta xornada única que tamén  vira o seu nome cara a un título máis inclusivo, regresa ao calendario silledense con numerosas actividades pensadas para @s mais pequen@ da familia. Esta festa singular e única en Galicia, onde a cativada é a protagonista, arrancará ás 11.00 horas coa apertura de obradoiros, inchables, actividades e actividades multiaventura, que continuarán durante toda a xornada.

Entre os obradoiros figuran un de tatuaxes temporais, de maquillaxe, de pulseiras, de chapas, animais móbiles, e outro de gorros divertidos coordinado este último pola Anpa Raparigos. Os nenos poderán disfrutar este ano con outras actividades pedagóxicas como son o espazoludoteca –para os máis pequenos_, e distintas actividades baixo o eixo da igualdade na chamada área violeta.

 

Gran tirolina de 100 metros e tobogán acuático

En canto ás actividades multiaventura a Romaría do Rapaz contará este de novo ano cunha tirolina de grandes dimensións, con 100 metros de percorridoTobogán xigante Río Bravo de 60 metros. A zona multiaventura contará tamén cun rocódromo, e 4 xogos hinchables, así como as bolas zorbing..

Animación do recinto

Durante toda a xornada celebraranse outras actividades como un fotocol, e a animación da Superpandi, con personaxes de Disney. X apola tarde celebrarase outro obradoiro de música e baile tradicional impartido pola agrupación Xirandola.

Ademais, haberá unha caseta de información aberta durante toda a xornada na que se poderán mercar pulseras localizadoras, e camisetas conmemorativas deste certame. Todo o recadado destinarase ao programa municipal Silleda Solidaria. Tamén haberá outras actividades sorpresa.

Fin de festa con Xirandola e Banda Xuvenil

A Romaría do Rapaz rematará co espectáculo final con selo silledense: actuarán no anfiteatro a Escola de Baile do grupo Xirandola e Banda de Música Infantil  de Silleda, que estarán no anfiteatro a partir das 19:00 horas. Tamén se sortearán agasallos entre a rapazada que visite todos os obradoiros e actividades.

Dende o Concello de Silleda, que organiza este evento, agradécese a inestimable colabroación dos Padres Saletinos e da veciñanza de Siador. Así mesmo, tamén se fai un chamamento á colaboración das persoas asistentes á hora de aparcar (lémbrase que hai aparcamentos de balde no entorno do recinto) e respetar a sinalización en canto a circulación do tráfico na zona

O recinto volverá a contar con servizo de bar e xantar. Haberá mesas e sillas a disposición das persoas e grupos que queiran xantar na carballeira do recinto durante a xornada.