A sinalización da rúa Ramón de Valenzuela da Bandeira, onde se limitará o aparcamento, comeza a vindeira semana

Silleda, 13 de agosto de 2013. As tarefas de sinalización na rúa Ramón de Valenzuela da Bandeira, onde se limitará a zona de aparcamento nas beiravías por cuestión de seguridade, comezarán a vindeira semana. O alcalde de Silleda, Manuel Cuíña, e o concelleiro Klaus Brey, visitaron o pasado luns o citado tramo, acompañados por personal da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e da empresa que está executando as sendas de Manduas, dentro da mellora do vial Bandeira-Cruces. Neste encontro planificouse a nova sinalización que será colocada a partires do vindeiro martes día 20.

Dende o goberno municipal de Silleda, á  vista de que se están a acometer melloras neste vial, prantexouse á Xunta, titular do vial, a posibilidade de redistribuir o aparcamento, tendo en conta a elevada densidade de tráfico, sobre todo de vehículos pesados, que rexistra este tramo, en pleno caso urbano da Bandeira.

Así, e tal e como solicitou no seu día Manuel Cuíña só se permitirá estacionar nunha das marxes  nos primeiros 200 metros (dende o cruce da N-525 ata o Bar de Filo) e se deixaría únicamente aparcar dun lado (na marxe dereita cara a Vila de Cruces) no seguinte tramo, de menor anchura. “Nesta zona da calzada habilitarase unha zona de aparcamento máis ampla, permitindo incluso o estacionamento de camións”, sinala o rexedor, Manuel Cuíña, que engade que con esta medida haberá máis espazo para facilitar a circulación tendo en conta o elevado tráfico de vehículos pesados, e mellorando ao mesmo tempo  as condicións de seguridade.

Pintado e sinalización vertical dos pasos de peóns

As tarefas de sinalización que comezarán a vindeira semana inclúen ademais o pintado dos pasos de peóns e a sinalización vertical dos mesmos, “algo co que nunca contou esta rúa da Bandeira”, explica o alcalde.

Dende o executivo local encargouse á Policía Local un informe sobre a redistribución do tráfico nesta rúa da Bandeira á vista da problemática que xorde moitas veces polos atacos e escasa visibilidade nos cruces intermedios.

No citado informe, que foi aprobado en Xunta de Goberno Local, recóllese que este tramo, en plena PO-204 (Bandeira-Vila de Cruces), é utilizada diariamente por un elevado número de vehículos pesados, xa que é a vía que da servizo a dúas destacadas explotacións mineiras e ao vertedoiro de inertes. Segundo dos datos aportados por estas instalacións, contabilízanse a diario entre 125 e 175 camións de grande tonelaxe.

Así mesmo, tamén se citan os atrancos na circulación de vehículos, xa que ancho do vial, que non é o mesmo en todo o tramo, resulta insuficiente, segundo recolle o infome para soportar dous carrís de circulación e dúas marxes de estacionamento. “En moitas ocasións cando se cruzan dous vehículos e algún deles é un camión, os condutores vense obrigados a facer maniobras complicadas que poden resultar perigosas”, sinala Cuíña.

O tramo, cunha lonxitude de 390 metros, e que arranca dende o cruce coa N-525, ten unha intesidade media diaria de 350 vehículos.

O informe policial foi trasladado no seu día á Xunta de Galicia, que advertíu tamén da necesidade de tomar medidas dende o punto de vista da seguridade viaria.