A última fase do programa de compostaxe doméstica de Silleda reparte composteiros á veciñanza

-Logo de realizarse a fase de formación e reparto nas parroquias de Ansemil, Martixe, Breixa e Carboeiro todas aquelas persoas que o desexen poden solicitalos no Concello, comprometéndose a colaborar con esta iniciativa

Silleda, 4 de xullo de 2020. O Concello de Silleda vén de iniciar a última fase do programa de compostaxe doméstica baixo o lema “Dalle unha nova vida ao lixo. Compóstate ben”, que se puxo en marcha dende a Concellería de Medio Ambiente que dirixe Klaus Brey.

O programa comezou ca formación da veciñanza das parroquias de Ansemil, Martixe, Breixa e Carboeiroaos que xa se lle entregaron ademais os composteiros, así coma o manual de boas prácticas de compostaxe redactado polo Concello de Silleda.

Nesta última fase o programa ábrese tamén á todos os silledenses que amosen o seu interese en facer compost e sumarse ao programa. Os composteiros, xunto co citado manual, entregaránse de xeito gratuito e como contrapartida os veciños terán que cumplir unha serie de requisitos.

Ademais de estar empadroados no municipio e contar cunha propiedade axeitada para a instalación, deben localizar o composteiro na propiedade elixida, iniciar a experiencia no momento da entrega e colaborar co seguimento do programa.

Hai que ter en conta ademais que se  o informe efectuado polos técnicos que farán visitas, fose negativo, o Concello de Silleda resérvase o dereito a retirar o composteiro para cederllo a outro veciño interesado no proxecto, de compostaxe doméstica.

A devandita entrega será realizada ata esgotar as existencias, seguindo unha  escrupulosa orde de inscrición das solicitudes.

Para iso, durante este mes de Xullo  ponse a disposición da veciñanza un número de teléfono, o 986 581028 para pedir información e solicitar os composteiros dentro do horario de 10 a 14:00 horas.

“É moi importante adquirir o compromiso da participación dos veciñose veciñas  na campaña”, explica o concelleiro. Só se entregará un composteiro por vivenda.

Con esta acción vense a complementar outra iniciativa na mesma liña que se levou a cabo no mes de xullo  de 2015 coa entrega de 50 composteiros por parte de Sogama.

Esta iniciativa que agora se pon en marcha chega a través do Ministerio para a Transición Ecolóxica, co Plan Estatal Marco de Gestión de Residuos (PEMAR) que outorga ao Concello de Silleda unha subvención de 13.280 euros, que corresponde ao 80% do total do proxecto, cun investimento de 20.086 euros.

Este programa sumarase a campaña de información, e sensibilización sobre os beneficios da compostaxe de materia orgánica que se veu realizando nos últimos anos, con iniciativas coma o Plan Revitaliza, da Deputación de Pontevedra, ou a iniciada en 2015 co reparto de composteiros individuais a través de Sogama.

“Con este programa buscamos mellorar a reducción da fracción orgánica mediante a implantación dun proxecto piloto de xestión en distintas zonas do rural ademais de combatir a producción de gases con efecto invernadoiro”, explica o alcalde, Manuel Cuiña, que tamén participou nas sesión formativas celebradas o mes pasado.

Silleda foi un dos 11 municipios de toda Galicia que recibiu as axudas a través do citado PEMAR 2019, xunto cos concellos de Fisterra, Soutomaior, A Coruña, Ames, Moaña, Lugo, Vimianzo, A Pobra, Antas de Ulla e  Sanxenxo.

En total nos últimos e contando con esta iniciativa repartíronse en Silleda 150 composteiros nas casas, cos que se busca como  obxectivo primordial de mentalizar á xente na intención da creación de compost e a  reciclaxe de toda materia orgánica, cuestión clave ante o reto que se presenta na sociedade co chamado cambio climático.